martes, 14 de febrero de 2012

COMEZAMOS CON ALGO MOI SINXELO: UNS POSAVASOS


Velaiquí unhas sinxelas instrucións para facer uns posavasos que abraiarán a calquera invitado.

PRECISAMOS:
- Cintas de regalo finiñas de diferentes cores.
- Cortiza, para as bases
- Cola branca ou Alkil

COMO FACEMOS?
Imos enrolando a cinta de regalo e pegando cun chisco de cola branca. Para cambiar de cor, non hai ningún problema! Cortas onde queiras cambiar, colles outra cor e segues co mesmo proceso ata que acades a dimensión que queiras. Logo recortas unha base de cortiza da mesma medida e encolas todo. Deixas secar 2 días... E listos para usar!!!

Animádevos e veredes que con imaxinación todo é posible!!